Artistas 2ºEd
Nesta segunda edición, o proxecto pretende estimular o eido cultural vigués no contexto actual da pandemia provocada pola COVID-19. Xa que logo, a II #RutaDasArtistas, busca animar á xente a saír á rúa, a explorar a cidade, a moverse polos barrios. 21 obras repartidas por 6 barrios de Vigo, algunhas no exterior, outras dentro de bares, tendas e outros locais do pequeno comercio.
A Ruta botou a andar o luns 5 de outubro do 2020. As pistas para encontrar as localizacións das artistas foron dadas a través das redes sociais da revista A Movida (https://amovida.gal/) .Os barios elixidos nesta edición foron Casablanca, As Travesas, Balaídos, Bouzas, Casco Vello e Progreso
Segunda Edición Outubro 2020.
Fotos: Edward Morgan