Bio Galego
Debuxante disléxico a medio camiño entre Vigo e Badajoz.
Cursou Deliniación e Xefe de Obra no IES. Politécnico e Debuxo, Serigrafía e Confección na EMAO de Vigo.
Membro fundador e coordinador do colectivo Fuck Comics e do fanzine homónimo, ademais colaborou noutras publicacións semellantes como “Despregable”, “La Patrulla Caspa” e “Sinónimos de Lucro”.
Humorista gráfico nas revistas “Xogo Descuberto”, “Retranca” e “A Movida” e nos portais web novaxove.com, odivinoferrete.es, pentavox.net e moiceleste.com.
Exerceu como Director de Arte, entre o ano 2013 e 2015, en Electronic DNA S.L.
Cofundador e responsable gráfico de Edicións e Producións Fetiche (2019-20) e Concept artist en Polygon-e Studios.
Xunto con Edward Morgan coordina o proxecto #ARutaDasArtistas de Festival nun Local.
En 2020 ilustra o poemario Sutura de Vanessa Glemsel para Editorial Urutau
Colaborador no proxecto para la catalogación do patrimonio industrial da Ría de Vigo “Vigo Industrial” (2018-21). Tras a disolución do colectivo continúa co seu propio proxecto “Alzados” centrado na arquitectura industrial. Desde 2024 participa en #BeiramarDaXente, espazo para a protección e posta en valor do patrimonio industrial dá contorna de Beiramar (Vigo). En 2025 formo parte de equipo redactor das solicitudes para a catalogación de como Ben de Interese Cultural (BIC) da fábrica Alfageme de Bouzas, O complexo fabril da Artística de Vigo e o Polígono industrial de Beiramar-Jacinto Benavente
Coordina o proxecto artesanal multidisciplinar Newt Crafts
Como artista urbano participo nos certames “Ou Marisquiño” XV, XXII, “Badaxoz Pinta” e «Vigo Cidade de Cor«. Relator nas 2º Xornadas de Artes Urbano e Xurado na 3º e 4º edición da Batalla Mural organizadas polo Concello de Vigo. Ten realizado talleres para institucións como o Concello de Moaña, empresas como Industrias Proa e comisariado concursos de muralismo para o Concello de Tomiño.
Desde 2020 traballa con Fran Iglesias (Quisco) na restauración dos murais pintados polos internos do centro penal da Lama.
En 2022 publica xunto a Iria F. Vergara «Tranvías Eléctricos de Vigo – A compañía que vertebrou Vigo»
Obra Publicada:
– Tiras Ciclicas (2009)
– Artistas (2018)
– Sutura (2020)
– O’Var 2020-21 (2021)
– Tranvías Eléctricos de Vigo – A compañía que vertebrou Vigo (2022)



