Davida

Artistas 1ºEd

ARTISTAS é un percorrido polas actuacións femininas máis destacadas das tres primeiras edicións do Festival Nun Local.
O principal obxectivo do proxecto é visibilizar o traballo da muller nos ámbitos da música, a literatura e as artes escénicas.
arutadasartistas.wordpress.com

Este traballo recompilador tivo como punto de partida o arquivo fotográfico que Festival nun Local vén recollendo desde a súa xénese no ano 2014. O que deu como resultado un total de 34 ilustracións que, posteriormente, foron compiladas e editadas nun libro, así como noutros formatos.
Para que o traballo feito acadase unha maior difusión e repercusión na cidade de Vigo iniciamos, en marzo de 2018, unha campaña de colado de ilustracións acompañadas dun código Qr que dirixía a material audiovisual relacionado con cada unha das artistas representadas.

Este material xerado contribuíu a realización do festival coa súa venta.
Punto de venda permanente do material de artistas: newtcrafts.com//artistas/


Primeira edición Marzo/Agosto 2018.
Fotos: Paula Cermeño e Olalla Rodríguez